AXENDA URBANA
Lugo, cidade verde

O Plan de Acción Axenda Urbana “Lugo, Cidade Verde” permite, a través da colabora-ción entre diferentes
departamentos e con distintos axentes da cidade, consolidar unha visión de cidade que vela por mellorar a calidade de
vida da poboación e pola protección do medio que a rodea, cunha visión urbano-rural singular como a de Lugo.
Para a elaboración do Plan de Acción de Lugo seguiuse o método de traballo definido polo Ministerio
de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana (MITMA):

FASE I
Diagnóstico

Trátase da recompilación e a análise dos datos existentes sobre as distintas variables con incidencia no desenvolvemento urbano de Lugo.

FASE II
Marco Estratéxico

Estrutúrase nun decálogo de obxectivos estratéxicos que despregan, á súa vez, uns obxectivos específicos coas súas posibles liñas de actuación.

FASE III
Plan de Acción

O Plan de Acción identifica e propón a articulación dunha serie de actuacións no ám-bito normativo e da planificación, no financiamento, na gobernanza, na participación cidadá e no intercambio e difusión do urbano e en relación cos fenómenos urbanos.

FASE IV
Sistema de seguimento e avaliación

O sistema permite observar a evolución do cumprimento dos obxectivos, definindo de maneira clara os resultados que se alcanzarán en termos de mellora para Lugo.