FORMAS
de participar
A participación é un elemento central da Axenda Urbana “Lugo, Cidade Verde”, pois durante todo o seu proceso de
elaboración e implantación implica á cidadanía e aos axentes políticos, sociais e económicos para a achega de
ideas e proposta que miren pola mellora do seu territorio, a través dunha serie de ferramentas cun triplo Obxecti-vo:
contar coa colaboración de veciños e veciñas; garantir o impacto positivo das ac-tuacións previstas; e informar
de todo o proceso de elaboración e evolución.