Lugo está en plena transformación, tanto urbanística como social e económica. Trans-formación que se articula a través dun proxecto deseñado no pasado mandato co fin de acadar unha cidade máis equitativa, sostible, verde, confortable e máis resiliente ante o cambio climático, pero tamén con capacidade de xerar oportunidades laborais dignas.
Agora, afrontamos a elaboración da Axenda Urbana 2030 ‘Lugo, Cidade Verde’, que será a folla de ruta que conformemos entre toda a veciñanza para os vindeiros anos, e a túa voz será clave para definir os retos e as solucións que nos axudarán a que xuntos academos que Lugo sexa o mellor fogar para vivir.